Últimos posts

Subscribirme ao RSS

AUTORIDADE PORTUARIA 1 - ESC. NAV. ALUMNOS 5

Partido no que non fomos capaces de contrarrestar a rapidez e xuventude deste equipo, aos 10 minutos xa perdiamos por 2 a 0 e ainda que loitamos moito non foi suficiente. 
O noso gol acadouno Bojan

Permalink     1 comentario    

AUTORIDADE PORTUARIA 5 - SEG. SOCIAL 2

Este partido complicousenos mais da conta xa que empezamos perdendo pero ao final impuxose a maior calidade tecnica e forza do noso equipo.
Marcaron Bojan 1 que so tivo que empuxala, Omar 1 rematando un saque de banda longo de Kiko e O Matador 3 pero sobre todo o ultimo nunha preciosa chilena que entrou polo medio das pernas do porteiro.

Permalink     1 comentario    

AUTORIDADE PORTUARIA 5 - TRANSPORTES 3

De novo moi bo partido e con moita intensidade e xogadas bonitas de feito ao descanso chegouse cun 4 a 2 e a segunda parte comenzou cunha morea de ocasions que no se transformaron e rematamos o partido cun 5 a 3 que se quedou escaso polo xogo realizado.
O Matador 4 goles e Tony 1

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 8 - HOSPITAL 3

Este partido podiamolo dividir en duas partes, unha ata o minuto 5 da segunda parte na que defendemos mal e non estivemos fluidos en ataque, o resto foi un asedio da porteria contraria.
Goles: min. 24 1-1 O Mudo, min 28 2-2 O Matador, min 37 3-3 Bojan, min 39 4-3 O Matador, min 42 5-3 O Matador, min 43 6-3 O Tanque de Casalvito, min 45 7-3 O Matador, min 46 8-3 O Matador.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 9 - I.N.E. 1

Debido as numerosas baixas que temos este era en principio un partido complicado, pois tivo que xogar Kiko de porteiro debido as lesions, por certo que o fixo ben.
O partido puxose de cara moi pronto pois aos 10 min. xa gañabamos por 3 a 0 e despois mantendo a actitude foron caendo o resto de goles, non como en tempadas anteriores que cando nos poñiamos por diante o equipo relaxabase e nos mesmos complicabamos os partidos.
Os goleadores foron O Matador 5, Bojan 3 e Lolo 1.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 9 - G.C. TRAFICO 2

Comodo partido sen apenas resistencia do rival ao que superamos de principio a fin a pesares de que por lesion tivemos que xogar cun xogador de campo de porteiro 5 min. da primeira parte e toda a segunda.
Os goles acadaronos O Mudo 2, O Matador de Monteporreiro 2, Omar 2, Bojan 1, O Calvo 1 (o da foto), e Enrique Ravanelli 1.

Permalink     Sen comentarios    

REUNION CO PRESIDENTE

Este luns a seccion sindical da CIG mantuvo unha reunion co Presidente para tratar diversos temas que causan malestar entre os traballadores.
Asi se lle fixo saber a nula vontade de negociar o acordo de empresa da parte da direccion, asimesmo espuxose a tremenda desorganizacion do servizo da Policia Portuaria pola que para coller un dia libre antes hai que facer un cursiño para ver como se pode coller, as ordes chorras e inutiles que se dan e que soamente levan ao cabreo do persoal xa que soamente lle falta que nos manden poñer na folla de rondoa as veces que se vai ao baño, a falta de uniformidade do persoal de recente ingreso e tamen de que os electricistas que estan en rexime de quendas estaselle a obrigar a que se collen un xersei teñen que renunciar a unha camisa e un pantalon nos pensamos que teñen que ter as mismas prendas de abrigo que a policia portuaria, a falta de persoal que que motiva que os xefes de equipo fagan traballo que non lle corresponde o que motiva que o servizo non este ben atendido.
Tamen espuxemos que se adopte unha solucion urxente ao tema do vestiario en precario que temos.
Un tema que a pesares de afectar a dous traballadores e importante pois non e de recibo que desde o 2 de maio que a empresa Amare Marin regou con auga salgada os vehiculos de dous traballadores ainda non lle pagaron o lavado, pensamos que se on coches fosen de directivos da A.P. o xerente de Amare Marin non so pagaria o lavado senon que el mismo os lavaria.

Permalink     Sen comentarios    

ACORDO DE EMPRESA

Este xoves celebrouse outra reunion da comision negociadora do acordo de empresa, non se produxo un acercamento notorio nas posturas dos temas que se estiveron a tratar e ainda non se trataron temas economicos e xornada.
A forma en que se esta a levar esta negociacion fai que se dilate pois nos entendemos que non e practica, seria mais axil se na parte sindical tiveramos unha plataforma conxunta, pola nosa parte nunca tivemos problema na sua elaboracion pois desde que se asinou o convenio estatal xa tiñamos unha proposta, os outros sindicatos implicados rexeitaron facer unha proposta unitaria o que de seguro ira en contra dos intereses dos traballadores, de feito nos fixemos a proposta de que o periodo vacacional fose nos meses de xullo e agosto e o resto da parte social e a empresa por suposto rexeitarono, esto e so un exemplo e esto vai camiño de convertirse nunha subasta.
Agora esperaremos a ver o que ocurre con esta negociacion pois setembro acabase e esta moi verde.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 0 DEPUTACION 2

Este martes comenzou a liga cun partido dificil ante a Deputacion, o partido foi de claro dominio noso con moitas ocasions de gol e bo xogo, pero en dous erros perdemos o partido.
Polo visto e a falta de acoplar un pouco o equipo e arreglar algun fallo este ano coas incorporacions de Sandro e Lolo penso que gañamos en calidade a pouco que se adapten ao equipo, asi como que O Matador recupere o acerto cara a porteria contraria.

Permalink     Sen comentarios    

REMODELACION VESTIARIOS DA CASETA

Ata o de agora as duas mulleres que estiveron traballando no servizo da Policia Portuaria estaban cun contrato temporal, ainda que non pode ser unha escusa pode ser entendible, pero agora que temos unha compañeira que aprobou a oposicion e ten praza fixa vemonos na incomodidade de ter que compartir un so vestiario se se lle pode chamar asi ao pequeno habitaculo que temos para poder cambiarnos, ducharnos etc., un espazo de menos de 10 m² no que temos as minitaquillas,lavamans,ducha e aseo.
Todo esto e pola negativa da Direccion a aceptar as propostas que fixo o noso sindicato cando a caseta estaba en fase de proxecto.
Esperamos que se arranxen estas incomodidades o mais axiña posible e non teñamos que agardar un ano pola solucion.

Permalink     Sen comentarios    

UNHA MAIS DO EQUIPO DIRECTIVO DESTE PORTO

Con motivo das pasadas oposicions hoxe empezaron a traballar os 4 que aprobaron, e en consecuencia aos que estaban traballando rescindironlle o contrato, que tal como o fixeron e legal pero debense gardar mellor as formas pois non se debe avisar no dia anterior que rematan o contrato ao dia seguinte e mais cando se trata de traballadores que levan uns anos traballando no porto, e mais nun caso cando un renunciou a un contrato noutra empresa en dias pasados, ai mellores formas de facer as cousas e se teñen que dar conta de que estan a tratar con persoas.
O peor e que se rescinden contratos cando no servizo de vixiancia fai falta xente por mor das vacions do persoal, e eso traera consecuencias para todos pois cando alguen pida un dia negaranllo por necesidades do servizo.
Cada dia que pasa siguen a dar motivos para seguir pensando que a este equipo directivo quedalle grande o porto e cada vez se nota mais.

Permalink     Sen comentarios    

OPOSICION

Agora que rematou o proceso para a provision de 4 prazas de policia portuario vou facer unha reflexion sobre o mesmo e certos rumores e comentarios aparecidos polo muelle e nun foro de internet.
O proceso non puido ser mais claro, limpo e transparente pois xa todos saben como se desenroloraron as probas.
A criticas eu aceptoas e hasta podo entendelas pola frustracion da xente que non aprobou e que contaba con aprobar, o que non e tolerable e que se minta, que se inventen e se fagan correr rumores con mala fe e o mais grave sen dar a cara, e agochandose detras dun nick dun foro.
Se algun opositor ten constancia de algunha irregularidade o que ten que facer e denuncialo pero no xulgado e non lanzando rumores de falabaratos, nos cando nunha oposicion detectamos algunha irregulridade denunciamolo no xulgado e de feito nunha oposicion tivose que repetir e coa xente xa coa praza aprobada.
Teño que recoñecer que co temiña do foro pasouse ven polo muelle andaba a xente a ver quen sabia de quen era cada nick.
PD: Estivo ben o da beaificacion a pena e que eu non creo nesas cousas.

Permalink     2 Comentarios    

ACORDO DE EMPRESA

Neste momento os representantes da empresa na comision negociadora decidiron unilateralmente suspender as reunions programadas, a razon non pode ser mais peregrina din que mentres non se asinen unhas actas pendentes non se volven a reunir, esto para min ten unha lectura moi clara e intentar disimular a sua incapacidade para negociar e intentar botar a culpa da paralizacion aos representantes sindicais.
Este feito ven a demostrar que a empresa non quere negociar nada e pretende non chegar a ningun acordo, van 8 reunions e non hai ningun acordo pechado, tan so na ultima reunion deron unha proposta de redaccion de 4 puntos que non satisface as demandas da parte social.
Esta maniobra soamente e para que se Portos do Estado pregunta como vai a negociacion do acordo poder decirlle que esta parado por culpa da parte social.
Independentemente de que falten unhas actas por asinar si se ten vontade negociadora non se suspenden as reunions, e mais cando todos sabemos que somos senon o ultimo si un dos ultimos portos que falta por ter un acordo de empresa coa perda que esto supon para o conxunto dos traballadores.
Esperemos que neste fin de seman recapaciten e reanuden as negociacions.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 4 - EDUCACION 3

Con este partido rematou a liga na que acadamos o cuarto posto que considero que e unha boa clasificacion, polo que respeta ao partido foi tranquilo a pesares do apretado do marcador, os goles foron conseguidos por Julio 3 e 1 de David.
Agora toca pensar na copa xa que o proximo martes xogamos a primeira eliminatoria contra Trafico, a ver se podemos chegar lonxe na copa.

Permalink     Sen comentarios    

PROBAS FISICAS

Hoxe celebraronse as probas fisicas da convocatoria de 4 prazas de Policia Portuaria, o dia apareceu desapacible pero por sorte no momento das probas non choveu, dos 10 aspirantes que quedaban na oposicion aprobaron Miguel Angel Guimerans 80 pts, Joaquin Coego 72,5 pts, Veronica Pazos 57,5 pts e David Leiro 57,5 pts.
Agora queda a entrevista persoal e a suma dos meritos.
Parabens aos que aprobaron.

Permalink     6 Comentarios