Últimos posts

Subscribirme ao RSS

AUTORIDADE PORTUARIA 1 - ESC. NAV. ALUMNOS 5

Partido no que non fomos capaces de contrarrestar a rapidez e xuventude deste equipo, aos 10 minutos xa perdiamos por 2 a 0 e ainda que loitamos moito non foi suficiente. 
O noso gol acadouno Bojan

Permalink     1 comentario    

AUTORIDADE PORTUARIA 5 - SEG. SOCIAL 2

Este partido complicousenos mais da conta xa que empezamos perdendo pero ao final impuxose a maior calidade tecnica e forza do noso equipo.
Marcaron Bojan 1 que so tivo que empuxala, Omar 1 rematando un saque de banda longo de Kiko e O Matador 3 pero sobre todo o ultimo nunha preciosa chilena que entrou polo medio das pernas do porteiro.

Permalink     1 comentario    

AUTORIDADE PORTUARIA 5 - TRANSPORTES 3

De novo moi bo partido e con moita intensidade e xogadas bonitas de feito ao descanso chegouse cun 4 a 2 e a segunda parte comenzou cunha morea de ocasions que no se transformaron e rematamos o partido cun 5 a 3 que se quedou escaso polo xogo realizado.
O Matador 4 goles e Tony 1

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 8 - HOSPITAL 3

Este partido podiamolo dividir en duas partes, unha ata o minuto 5 da segunda parte na que defendemos mal e non estivemos fluidos en ataque, o resto foi un asedio da porteria contraria.
Goles: min. 24 1-1 O Mudo, min 28 2-2 O Matador, min 37 3-3 Bojan, min 39 4-3 O Matador, min 42 5-3 O Matador, min 43 6-3 O Tanque de Casalvito, min 45 7-3 O Matador, min 46 8-3 O Matador.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 9 - I.N.E. 1

Debido as numerosas baixas que temos este era en principio un partido complicado, pois tivo que xogar Kiko de porteiro debido as lesions, por certo que o fixo ben.
O partido puxose de cara moi pronto pois aos 10 min. xa gañabamos por 3 a 0 e despois mantendo a actitude foron caendo o resto de goles, non como en tempadas anteriores que cando nos poñiamos por diante o equipo relaxabase e nos mesmos complicabamos os partidos.
Os goleadores foron O Matador 5, Bojan 3 e Lolo 1.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 9 - G.C. TRAFICO 2

Comodo partido sen apenas resistencia do rival ao que superamos de principio a fin a pesares de que por lesion tivemos que xogar cun xogador de campo de porteiro 5 min. da primeira parte e toda a segunda.
Os goles acadaronos O Mudo 2, O Matador de Monteporreiro 2, Omar 2, Bojan 1, O Calvo 1 (o da foto), e Enrique Ravanelli 1.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 0 DEPUTACION 2

Este martes comenzou a liga cun partido dificil ante a Deputacion, o partido foi de claro dominio noso con moitas ocasions de gol e bo xogo, pero en dous erros perdemos o partido.
Polo visto e a falta de acoplar un pouco o equipo e arreglar algun fallo este ano coas incorporacions de Sandro e Lolo penso que gañamos en calidade a pouco que se adapten ao equipo, asi como que O Matador recupere o acerto cara a porteria contraria.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 4 - EDUCACION 3

Con este partido rematou a liga na que acadamos o cuarto posto que considero que e unha boa clasificacion, polo que respeta ao partido foi tranquilo a pesares do apretado do marcador, os goles foron conseguidos por Julio 3 e 1 de David.
Agora toca pensar na copa xa que o proximo martes xogamos a primeira eliminatoria contra Trafico, a ver se podemos chegar lonxe na copa.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 4 - I.N.E. 3

Intrascendente partido o disputado hoxe, xa que non habia nada en xogo.
Comenzou o partido con dominio noso no xogo e no marcador, con dous goles de Julio e outros dous de Hetor con esta ventaxa no marcador o equipo relaxouse e algun xogador fixo cousas que non se deben facer, quedando arriba en ataque e sen baixar a defender e debido a todo esto e este resultado tan apretado ao final.
Partido para olvidar.

Permalink     Sen comentarios    

AUTORIDADE PORTUARIA 2 - ESCOLA N. ALUNNOS 5

Partido no que o equipo se deixou a pel na pista, e mais tendo en conta a acumulacion de partidos da seman anterior en Valencia que deixou as pernas dos nosos xogadores moi cargadas, e que o equipo rival non envelleca nunca pois cada ano ten xente nova.
O partido na primeira parte Bojan adiantounos no marcador, pero pouco mais tarde un erro no pase roubannos un balon e consiguen empatarnos, ata que a pouco para o descanso O Matador de Monteporreiro cun disparo que atravesa unha morea de xogadores consigue o 2 a 1 co que se chega ao descanso, que se utiliza para relaxar as pernas dos xogadores, na segunda parte caimos de maduros e remontaronnos o partido poñendonos cun 4 a 2 en contra, nese momento fixemos o cambio para poñer porteiro xogador pero foi imposible remontar e ainda nos marcaron outro gol mais, polo derroche mostrado non merecemos un resultado tan abultado.

Permalink     Sen comentarios    

MARIN 1 - ALXECIRAS 4

Partido de octavos de final no que xa se notou o cansanzo acumulado dos tres partidos anteriores e a falta de efectividade cara o gol pois as duas primeiras ocasions foron nosas pero o amigo Antonio sacou duas mans prodixiosas e salvou ao seu equipo, a partires de ahi o equipo perdeu o sitio e eles medraron creando numerosas ocasions de gol moi claras, e xa na primeira parte podian ir por diante no marcador, na segunda parte ao pouco de empezar nu pequeno barullo acadaron o primeiro gol e pouco despois o segundo nunha boa xogada na que un home regateou a tres xogadores nosos que non tiveron a picardia de facer unha falta cando se ve que se vai so cara a porteria, cando quedaban 10 minutos xogamos con Julio de porteiro xogador arriscando para intentar remontar pero non era o noso dia e meteronnos o terceiro, a falta de 5 ninutos para o remate Hetor de cabeza recortou distancias, e a falta de tres minutos fallamos un doble penalti que acabou coas nosas esperanzas de remontada
Quizas o resultado sexa demasiado abultado pero temos que recoñecer que neste partido foron superiores a nos.

Permalink     Sen comentarios    

MARIN 7 - HUELVA 1

Partido no que se xogaba o primeiro posto do grupo, a nos o empate chegabanos polo menor numero de goles encaixados, pero sempre gusta gañar os partidos.
O partido foi mais disputado do que reflexa o marcadorpois a pesares de poñernos por diante cun 2 a 0 cando faltaba pouco mais dun minuto eles dispuxeron dun doble penalti que foi ben rexeitado polo noso porteiro e na contra acadamos o 3 a 0, na segunda parte eles baixaron un pouco os brazos e marcamos 4 goles mais, o gol deles conseguirono cando faltaba 1 minuto para o remate do partido.
Neste partido destapouse como goleador O Dandi do Mosteiro con 4 goles, e como non podia ser menos os outros 3 foron do Matador de Monteporreiro.

Permalink     Sen comentarios    

MARIN 6 - SEVILLA 2

Partido moi ben encarado polo noso equipo que fixo unha demostracion de bo xogo e efectividade cara o gol.
Este partido era o mais dificil en teoria pois Sevilla acadara a cuarta praza o ano pasado, pero o equipo xogou moi concentrado en defensa e demoledor no ataque, o que fixo que fose o partido mais doado de gañar.
Os goleadores foron O Matador de Monteporreiro 4 goles, 1 do Dandi do Mosteiro e o que falta meterono eles en propia porta.

Permalink     Sen comentarios    

MARIN 5 - CEUTA 2

Bo partido o desenrolado polo noso equipo que pronto se puxo por diante con dous goles e dominando en todo momento o xogo, a falta de pouco para o descanso Ceuta anotou o 2 a 1 co que se chegou ao descanso e que xenerou algunhas dubidas no noso xogo e acadaron o empate no principio da segunda parte, este gol supuxo un cambio de actitude e o equipo supo remontar para lograr o 5 a 2 definitivo.
Os nosos goles foron 4 do Matador de Monteporreiro e 1 de Omar.

Permalink     Sen comentarios    

MARCHAMOS A VALENCIA

Hoxe parte cara Valencia a primeira parta do equipo que fai a viaxe en coche, mañan pasaran o dia en Valdepeñas, o resto do equipo partira mañan en avion.
Polo tanto ata a volta de Valencia deixarei descansar o blog salvo que poida ir metendo ali comentarios do que pase.

Permalink     Sen comentarios