Últimos posts

Subscribirme ao RSS

REUNION CO PRESIDENTE

Este luns a seccion sindical da CIG mantuvo unha reunion co Presidente para tratar diversos temas que causan malestar entre os traballadores.
Asi se lle fixo saber a nula vontade de negociar o acordo de empresa da parte da direccion, asimesmo espuxose a tremenda desorganizacion do servizo da Policia Portuaria pola que para coller un dia libre antes hai que facer un cursiño para ver como se pode coller, as ordes chorras e inutiles que se dan e que soamente levan ao cabreo do persoal xa que soamente lle falta que nos manden poñer na folla de rondoa as veces que se vai ao baño, a falta de uniformidade do persoal de recente ingreso e tamen de que os electricistas que estan en rexime de quendas estaselle a obrigar a que se collen un xersei teñen que renunciar a unha camisa e un pantalon nos pensamos que teñen que ter as mismas prendas de abrigo que a policia portuaria, a falta de persoal que que motiva que os xefes de equipo fagan traballo que non lle corresponde o que motiva que o servizo non este ben atendido.
Tamen espuxemos que se adopte unha solucion urxente ao tema do vestiario en precario que temos.
Un tema que a pesares de afectar a dous traballadores e importante pois non e de recibo que desde o 2 de maio que a empresa Amare Marin regou con auga salgada os vehiculos de dous traballadores ainda non lle pagaron o lavado, pensamos que se on coches fosen de directivos da A.P. o xerente de Amare Marin non so pagaria o lavado senon que el mismo os lavaria.

Permalink     Sen comentarios    

ACORDO DE EMPRESA

Este xoves celebrouse outra reunion da comision negociadora do acordo de empresa, non se produxo un acercamento notorio nas posturas dos temas que se estiveron a tratar e ainda non se trataron temas economicos e xornada.
A forma en que se esta a levar esta negociacion fai que se dilate pois nos entendemos que non e practica, seria mais axil se na parte sindical tiveramos unha plataforma conxunta, pola nosa parte nunca tivemos problema na sua elaboracion pois desde que se asinou o convenio estatal xa tiñamos unha proposta, os outros sindicatos implicados rexeitaron facer unha proposta unitaria o que de seguro ira en contra dos intereses dos traballadores, de feito nos fixemos a proposta de que o periodo vacacional fose nos meses de xullo e agosto e o resto da parte social e a empresa por suposto rexeitarono, esto e so un exemplo e esto vai camiño de convertirse nunha subasta.
Agora esperaremos a ver o que ocurre con esta negociacion pois setembro acabase e esta moi verde.

Permalink     Sen comentarios    

REMODELACION VESTIARIOS DA CASETA

Ata o de agora as duas mulleres que estiveron traballando no servizo da Policia Portuaria estaban cun contrato temporal, ainda que non pode ser unha escusa pode ser entendible, pero agora que temos unha compañeira que aprobou a oposicion e ten praza fixa vemonos na incomodidade de ter que compartir un so vestiario se se lle pode chamar asi ao pequeno habitaculo que temos para poder cambiarnos, ducharnos etc., un espazo de menos de 10 m² no que temos as minitaquillas,lavamans,ducha e aseo.
Todo esto e pola negativa da Direccion a aceptar as propostas que fixo o noso sindicato cando a caseta estaba en fase de proxecto.
Esperamos que se arranxen estas incomodidades o mais axiña posible e non teñamos que agardar un ano pola solucion.

Permalink     Sen comentarios    

UNHA MAIS DO EQUIPO DIRECTIVO DESTE PORTO

Con motivo das pasadas oposicions hoxe empezaron a traballar os 4 que aprobaron, e en consecuencia aos que estaban traballando rescindironlle o contrato, que tal como o fixeron e legal pero debense gardar mellor as formas pois non se debe avisar no dia anterior que rematan o contrato ao dia seguinte e mais cando se trata de traballadores que levan uns anos traballando no porto, e mais nun caso cando un renunciou a un contrato noutra empresa en dias pasados, ai mellores formas de facer as cousas e se teñen que dar conta de que estan a tratar con persoas.
O peor e que se rescinden contratos cando no servizo de vixiancia fai falta xente por mor das vacions do persoal, e eso traera consecuencias para todos pois cando alguen pida un dia negaranllo por necesidades do servizo.
Cada dia que pasa siguen a dar motivos para seguir pensando que a este equipo directivo quedalle grande o porto e cada vez se nota mais.

Permalink     Sen comentarios    

OPOSICION

Agora que rematou o proceso para a provision de 4 prazas de policia portuario vou facer unha reflexion sobre o mesmo e certos rumores e comentarios aparecidos polo muelle e nun foro de internet.
O proceso non puido ser mais claro, limpo e transparente pois xa todos saben como se desenroloraron as probas.
A criticas eu aceptoas e hasta podo entendelas pola frustracion da xente que non aprobou e que contaba con aprobar, o que non e tolerable e que se minta, que se inventen e se fagan correr rumores con mala fe e o mais grave sen dar a cara, e agochandose detras dun nick dun foro.
Se algun opositor ten constancia de algunha irregularidade o que ten que facer e denuncialo pero no xulgado e non lanzando rumores de falabaratos, nos cando nunha oposicion detectamos algunha irregulridade denunciamolo no xulgado e de feito nunha oposicion tivose que repetir e coa xente xa coa praza aprobada.
Teño que recoñecer que co temiña do foro pasouse ven polo muelle andaba a xente a ver quen sabia de quen era cada nick.
PD: Estivo ben o da beaificacion a pena e que eu non creo nesas cousas.

Permalink     2 Comentarios    

ACORDO DE EMPRESA

Neste momento os representantes da empresa na comision negociadora decidiron unilateralmente suspender as reunions programadas, a razon non pode ser mais peregrina din que mentres non se asinen unhas actas pendentes non se volven a reunir, esto para min ten unha lectura moi clara e intentar disimular a sua incapacidade para negociar e intentar botar a culpa da paralizacion aos representantes sindicais.
Este feito ven a demostrar que a empresa non quere negociar nada e pretende non chegar a ningun acordo, van 8 reunions e non hai ningun acordo pechado, tan so na ultima reunion deron unha proposta de redaccion de 4 puntos que non satisface as demandas da parte social.
Esta maniobra soamente e para que se Portos do Estado pregunta como vai a negociacion do acordo poder decirlle que esta parado por culpa da parte social.
Independentemente de que falten unhas actas por asinar si se ten vontade negociadora non se suspenden as reunions, e mais cando todos sabemos que somos senon o ultimo si un dos ultimos portos que falta por ter un acordo de empresa coa perda que esto supon para o conxunto dos traballadores.
Esperemos que neste fin de seman recapaciten e reanuden as negociacions.

Permalink     Sen comentarios    

PROBAS FISICAS

Hoxe celebraronse as probas fisicas da convocatoria de 4 prazas de Policia Portuaria, o dia apareceu desapacible pero por sorte no momento das probas non choveu, dos 10 aspirantes que quedaban na oposicion aprobaron Miguel Angel Guimerans 80 pts, Joaquin Coego 72,5 pts, Veronica Pazos 57,5 pts e David Leiro 57,5 pts.
Agora queda a entrevista persoal e a suma dos meritos.
Parabens aos que aprobaron.

Permalink     6 Comentarios    

¿QUE FOI DO GTI?

Agora que xa pasaron mais de 6 meses das eleccions sindicais ai traballadores que se fan algunha das seguintes preguntas:
¿Que foi do GTI?
¿A cantas reunions do Comite de Empresa asistiron?
¿Fixeron algunha proposta?
Hai mais preguntas que publicaremos nunha proxima entrega, agora imos dar unhas posibles respostas, o GTI agora non e nin un 600, se a memoria non me falla (que me pode fallar) asistiron a primeira reunion, e de resaltar que na ultima reunion do Comite o 24/04/08 e na que se trataba dun apercibimento por escrito a un traballador non asistiron, debe ser que lles da igual o que pase cos traballadores, ata esta data que se sepa non fixeron ningunha proposta nin boa nin mala.
Esto e o que fai a lista con maior numero de votos nas eleccions sindicais, esto era de esperar pois xa decian en campaña que ian a ser transparentes a realidade mais ben e que son invisibles.
Para o que a estas alturas non sepa que e o GTI, diremos que e unha suposta lista de independentes integrada por persoal fora de convenio, ata o proximo capitulo.

Permalink     Sen comentarios    

XUBILACION DE JULIO VILLANUEVA

O pasado venres homenaxeamos cunha cea pola sua xubilacion ao compañeiro Julio Villanueva.
A cea fixose no asador O Remo de Poio e asistimos un bo numero de traballadores da Autoridade Portuaria, membros do servizo da Garda Civil no porto e un mariñeiro xubilado que e como da casa, durante a cea que transcurreu nun bo ambiente, comentaronse algunhas das multiples anecdotas de Julio que por momentos emocionouse tanto que ata soltou algunha bagoa, aos postres entregaronselle uns regalos para que teña un recordo deste dia.
FELICIDADES JULIO

Permalink     Sen comentarios    

ACORDO LOCAL

Este venres celebrouse unha nova reunion da comision negociadora do acordo local, nesta reunion terian que habernos entregado a nova redacion dos puntos que ata o de agora se trataran pero ainda o teñen sen rematar, entregarano nunha proxima reunion, medo me da tanta demora nesa redacion.
O que si e mais grave e a actitude dos representantes da empresa con un compañeiro que esta participando nas reunions como asesor do sindicato CCOO, ao parecer entregaronlle un informe do avogado do estado sobre o tema, nos descoñecemos o que pon o papel ainda que o que poña e o de menos, pois como puxemos de manifesto ese papel e para asesorar aos representantes da empresa e eles son os que se teñen que mollar e decidir sobre o tema, nos xa desde o principio sempre defedimos a liberdade de este compañeiro de poder estar nas reunions como asesor, e ademais tamen manifestamos que nos dependendo dos temas a tratar tamen levaremos asesor, esta e unha situacion penosa na que a empresa non esta a dar a talla, estase a ver que todo esto quedalle moi grande.
De seguir con este ritmo na negociacion como xa temos dito non teremos acordo local nunca, ao mellor e o que pretende a empresa.

Permalink     Sen comentarios    

ACORDO LOCAL

Onte celebrouse outra reunion da comision negociadora do acordo local, seguimos cos mesmos puntos das anteriores reunions, avanzouse un pouco na bolsa de traballo e no capitulo de fins sociais, de todolos xeitos temos que agardar a que o proximo mercores nos enseñen a nova redaccion destes puntos que teremos que leer con moito cuidado pois o boligrafo de Jose Carlos ten moita mala leite esperemos que cambie de boligrafo.

Permalink     Sen comentarios    

VODA PORTUARIA

Se non se arrepinte antes o proximo dia 26 pasara pola vicaria o noso compañeiro Guiance, desta parece que lle botaron ben o lazo, tamen sin tempo non era xa se lle iba a pasalo arroz.
Temos entendido que a sua lua de mel ira a Cancun no veleiro Barbara, esperemos que chegue e tamen que volva.
Arañita desexamos que sexas feliz na tua nova vida e como di Ribo xa sabras o que e f- - - - sen ganas, disfruta.

Permalink     Sen comentarios    

O IATE FAROS

Este iate comprouno o porto en 2004 para sustituir ao anterior (mogor) en teoria era para ir as boias e aos faros e ata incluso a Ons, pero a realidade dinos que se o anterior fixo pouquisimas horas de navegacion este novo ainda fixo menos, practicamente este soamente desatraca para facer as revisions anuais.
Temos que ter en conta que foi barato soamente costou 200 e pico mil euros, hai que recoñecer que asi atracado na darsena de baixura queda bonito, e seguro que o enseñan cando visitan o porto excursions de escolares.
O que molesta destas cousas e que cando reclamas algunha mellora para os traballadores din que non hai cartos e cando se fan suxerencias a traves do buzon moitas non se levan a cabo por caras ata o punto de que gastar unha pouca pintura e caro.

Permalink     Sen comentarios    

DESFIBRILADOR

Desde esta semana o porto conta cun desfibrilador semiautomatico que esta situado na caseta do control de accesos, para o seu uso fixeron un cursiño dez compañeiros que seguiran facendo cada certo tempo practicas do seu uso. Esto e unha das poucas cousas boas que se estan a facer no porto.

Permalink     Sen comentarios    

ACORDO DE EMPRESA


Hoxe tivemos a cuarta reunion do acordo de empresa, a estas alturas e casi como se empezaramos pois non se acadou ningun acordo, e estamos a tratar a vixencia, xubilacions, fins sociais e bolsa de traballo, en principio nestes temas deberase chegar a un acordo relativamente rapido pero a realidade e outra, que pasara cando chegemos a os temas que lle inportan aos traballadores como son a xornada e os economicos, hoxe entregaronnos unha proposta de redaccion dos catro primeiros temas e decindonos que xa cederan moito, a este paso vamos a ter que facer unha colecta para financia-la empresa.

Permalink     Sen comentarios